A remodelación da Ponte do Burgo será a obra máis importante do Goberno neste mandato

Pontevedra> O concelleiro de Obras en Pontevedra cualificou a remodelación da Ponte do Burgo como a obra máis importante do concello neste mandato. Será un espazo que contará cun investimento de 2,5 millóns de euros. O aumento do orzamento débese ao moderno sistema de alumeado co que contará esta histórica ponte da cidade. A remodelación da ponte do Burgo ascende aos 2,5 millóns de euros, tal e como dixo esta mañá o concelleiro de Obras, trátase do proxecto máis importante deste mandato. Este plan para gañar un novo espazo de referencia na cidade pasa por peonalizar a Ponte e resaltar o seu valor monumental. O aumento do orzamento para esta remodelación está centrado no moderno sistema de alumeado co que contará esta ponte, con tres iluminacións distintas. A actuación contará con tres ámbitos, a ponte a as dúas cabeceiras, na parte norte desta ponte do Burgo gáñase unha nova praza para a cidade. Un proxecto que estará financiado polos fondos FEDER. Dos 2,5 millóns de euros, un millón 700 mil irán destinados á reforma e 860 mil ao novidoso alumeado. Dende o Goberno xa adiantaron que avanzarán con fondos propios municipais os procesos de contratación de tal xeito que en canto cheguen as axudas xa se lle poda adxudicar ao proxecto, que por certo contará cun prazo de execución de 12 meses.