Pontevedra> A explanada de Montero Ríos, en Pontevedra, acolleu esta mañá Mercaemprende. Un mercado de rúa posto en marcha por máis de 400 nenos procedentes de 9 centros da provincia que clausura a primeira edición do programa Depoemprende posto en marcha polo Goberno de Carmela Silva. Preto de 400 estudantes de 9 centros da provincia participaron neste Mercaemprende. Un mercado onde nos puidemos atopar de todo un pouco… Incluso había comerciais captando aos clientes… E as vendas marcharon ven ao longo da mañá…. Unha actividade, este Depoemprende moi interesante, educativa e divertida para todos estes rapaces de Pontevedra. Un programa para o que xa está aberto a súa nova edición para o vindeiro curso escolar. Un programa que ten como fin o desenvolvemento de competencias asociadas á comunicación e a creación. Trátase dun programa de formación que persegue introducir a estes nenos na cultura emprendedora.
Inicio PONTEVEDRA