POIO> Xogos de verán para que goce toda a familia na praia. A asociación de veciños de Lourido presenta a vixésimo sétima edición dunha semana do deporte que inclúe numerosas disciplinas. Entre a programación inclúense deportes punteiros como o fútbol ou o tenis e outros tradicionais como a chave ou a petanca. A gran novidade deste ano é unha xincana para que participen todos os membros da familia.
As pitas deportivas da praia de Lourido, en Poio, xa están a pleno rendemento con nenos e maiores xogando ao longo de todo o día. Para poñer en valor estes campos e fomentar o deporte entre a veciñanza da vila, a asociación de veciños de Lourido organiza os vixésimo sétimos xogos de verán. Unha semana de deporte para todas as idades.
Do 24 ao 29 de xullo son numerosas as actividades e torneos que se disputan na praia de Lourido. Entre a programación atópanse deportes punteiros como fútbol ou tenis, e outros máis tradicionais como petanca, chave ou pesca.
A gran novidade deste ano é unha xincana para toda a familia.
Dende o concello destacan todas os beneficios que estes xogos de verán teñen para a vila.
Os xogos de verán están moi asentados en Lourido, nos últimos 29 anos, só a pandemia evitou que se celebrase durante dous anos. Case 30 anos de historia que permiten que aqueles nenos e mozos que comezaron nesta aventura, agora acudan participen cos seus fillos e netos.