Besteiro escenifica o compromiso do PSOE co cerco galego

    PORTO DO SON> O secretario xeral dos socialistas galegos visitou Portosín para escenificar o seu apoio ó sector do cerco. Gómez Besteiro comprometeuse a defender un cambio no modelo de reparto de cotas coa eliminación dos criterios históricos, tal e como demanda o sector. O cambio do sistema de reparto de cotas constitúe o principal cabalo de batalla de ACERGA. O Partido Socialista comparte a necesidade de mudar o modelo, desbotando os actuais criterios históricos e Na súa visita a Portosín, o secretario xeral dos socialistas mantivo un encontro con representantes do sector que lle trasladaron a súa gratitude por terse posicionado do lado da flota. A aposta polos sectores productivos, especialmente a pesca, constitúe un dos piares das políticas socialistas que avogan tamén por un pacto para o lácteo e pola reindustrialización.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí