Galiza Nova organiza no Barbanza un obradoiro sobre ‘violencias invisibilizadas’

    BARBANZA> Galiza Nova Barbanza organiza un acto aberto a toda a mocidade da comarca para conmemorar o Día Internacional da Muller. Trátase dun obradoiro sobre violencias invisibilizadas que terá lugar este sábado en Rianxo. Galiza Nova convida á mocidade da comarca a achegarse este sábado ás sete da tarde ó auditorio de Rianxo. Alí, a concelleira de Igualdade, Hadriana Ordóñez, e a responsable nacional de asembleas de mulleres de Galiza Nova, Laura Veciño, dirixirán un obradoiro sobre violencia de xénero no que identificar actos, xestos ou comportamentos habituais que supoñen unha agresión á igualdade.