Vinte mulleres de Lousame participan nun curso de fruticultura ecolóxica

    LOUSAME> O grupo formado por unhas vinte mulleres que participan no curso de fruticultura ecolóxica organizado polo Concello tiveron hoxe a súa primeira sesión práctica, consistente nunha sesión de poda en verde de froiteiras de oso. O curso que están a desenvolver é totalmente gratuíto, e consta de 25 horas de duración. Está dirixido a mulleres veciñas de Lousame, pois está incluído dentro do Programa de Fomento do Autoemprego das Mulleres subvencionado pola Deputación Provincial da Coruña.