A arte circense sae as rúas de Noia

    NOIA> Equilibristas, malabaristas e demais espectáculos do mundo do circo estarán presentes, desde venres a domingo, na nova edición de RETRUKE.

    Na súa aposta pola cultura, o Concello de Noia presentou hoxe o Encontro Internacional de Circo que se vai levar a cabo na vila do 9 ó 11 de maio. RETRUKE xa vai pola súa cuarta edición e os noieses agardan con ganas esta cita onde o espectáculo está asegurado. As actuacións e os obradoiros desenvolveranse en tres espazos principais: nunha carpa instalada na Alameda, na praza do Cantón e no pavillón municipal. Pola noite os espectáculos continuarán en discotecas noiesa. A comunidade de artistas non a conformarán soamente galegos, wsta cita cultural atraerá a profesionais de distintos puntos da xeografía española e europea.