![]()
Sanxenxo podería albergar unha das tres xornadas clasificatorias da Liga Europea de Fútbol Praia.
A invitación ven de parte do Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, que tralo enorme éxito acadado pola Copa da Federación Española de Fútbol celebrada o pasado ano, pensou dende un primeiro momento en Silgar como lugar para acoller tanto a xornada da liga europea como o Campionato de España de Seleccións Autonómicas. A Liga Europea de Fútbol Praia dispútana seleccións nacionais e das tres xornadas clasificatorias unha celebrarase en Moscú outra en Hungría e a terceira podería ser a de Sanxenxo. A final xa ten sede oficial na cidade italiana de Catania. O campionato celebraríano 12 seleccións nacionais e sería de venres a domingo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/04/futbol_praia_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/04/ futbol_praia_sanxenxo.mp4{/flowplayer}








