O Salnés convértese en Fitur en algo máis que un amor de verán

MADRID> A comarca do Salnés presentouse en Fitur como moito máis que un amor de verán. Unha aposta pola desestacionalización do turismo, defendida hoxe no stand galego polos novos representantes do organismo comarcal. Logo da moción de censura, o novo responsable de turismo marca obxectivos para o que resta de mandato: reunifica-la estratexia turística dos nove concellos e crear un novo Camiño de Santiago da Costa do Salnés.

O Salnés é moito máis que un amor de verán. A Mancomunidade participou en Fitur cunha campaña que busca converte-la comarca nun atractivo turístico os 12 meses do ano.

Porque o turismo, explica o novo presidente comarcal, xera un importante volume económico na comarca que podería facerse rendible todo o ano.

E explica David Castro que máis alá do verán e das praias, O Salnés ofrece moitas opcións. Por exemplo, nesta nova etapa da Mancomunidade queren apostar polo potencial das rutas que atravesan os concellos da bisbarra.

Castro agradece o traballo feito na Mancomunidade polos anteriores presidentes. Un proxecto no que se vén traballando dende hai anos é o estudo dos fluxos turísticos a través da big data. O obxectivo, é seguir nesa liña.

E marcan tamén retos de futuro para o que resta do mandato: reunifica-la estratexia turística e impulsar un novo itinerario do Camiño de Santiago.

Á presentación da Mancomunidade asistiron varios alcaldes da comarca, entre eles, a expresidenta Marta Giráldez.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí