Vales de compra regalo polo Día do Pai

    VILAGARCÍA-CAMBADOS> A Comarca do Salnés comeza xa os preparativos para celebrar o Día do Pai e mentres en Vilagarcía os carteis terán por protagonistas as frases dos nenos acerca de que é un pai en Cambados están comezando a distribuír os boletos para diferentes premios de vales de compra.

     

    O 19 de marzo celebrase o día do pai e as distintas asociacións de comerciantes están a preparar xa as actividades para promocionar un día tan importante para un sector esta. En Vilagarcía zona aberta xa puxo en marca o concurso infantil entre os colexios de todo o municipio de respostas á frase “Que é un pai?”

    Ademais tamén se realizará o día 21 o sorteo de 500€ en vales de compra entre os pais e avós que fixeran compras nos establecementos vilagarciáns estes días.

    En Cambados os comerciantes e hostaleiros tamén se uniron para repartir entre os compradores 30.000 boletos cos que participarán no sorteo de varios vales de compra.

    O 23 de marzo realizarase o sorteo e con todas estas accións os comerciantes pretenden promover as compras en toda a comarca despois dunhas campañas de Nadal e Entroido pasadas por auga.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/04/dia_pai_zona_aberta_cambados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/04/ dia_pai_zona_aberta_cambados.mp4{/flowplayer}