Os turistas nacionais xa pasean por Silgar

SANXENXO> O verán deste 2020 chega marcado pola reapertura da mobilidade entre comunidades autónomas despois de tres meses en Estado de Alarma pola pandemia. Esta opción xa se deixaba notar hoxe nun dos destinos máis populares de España: Sanxenxo. Alí está xa todo preparado para recibir aos visitantes.

Hai pouco máis de 24 horas que se recuperou a mobilidade entre comunidades autónomas tralo Estado de Alarma, pero xa esta mañá atopar no paseo de Silgar un veciño de Sanxenxo era misión case imposible. A vila xa recibiu aos primeiros visitantes.

Tras tres meses confinados, moitos fieis a Sanxenxo non dubidaron en poñerse en marcha cara a vila a gozar das súas vacacións. Conscientes, iso si, da situación actual.

Conscientes pero sen medo, e decididos a gozar do seu destino favorito para aproveitar o recén estreado verán.

Ademais das prazas hoteleiras, en Sanxenxo hai contabilizadas ata once mil segundas residencias. Un tirón turístico innegable que agardan sirva de revulsivo para a economía local.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí