A Fábrica de Xeo de Cambados aumentará un 30% a súa produción tras unha reforma de 600 mil euros

CAMBADOS> A fábrica de xeo de Cambados aumenta a súa produción nun 30% trala última reforma. A factoría pode elaborar agora ata 65 toneladas diarias. Esta produción é necesaria para cubrir toda a demanda do sector na vila, especialmente nos meses de verán.

Despois de preto de dous anos sen poder utilizala, Cambados xa dispón da súa fábrica de xeo totalmente reformada. A factoría mellora a súa capacidade de produción chegando ata as 65 toneladas diarias. A reforma correu a cargo da consellería do mar cun investimento de 600 mil euros.

Este aumento permitirá satisfacer a demanda de todo o sector en Cambados. Especialmente no verán, onde a necesidade de xeo é máis alta.

A mellora era unha reclamación da confraría cambadesa ante o mal estado no que se atopaba a fábrica.

A confraría puido levar a cabo esta mellora grazas a liña de axudas da consellería do mar para a renovación de equipos portuarios e pesqueiros. O pósito cambadés foi o maior beneficiado de Galicia pero na comarca tamén recibiron axudas as confrarías do Grove, Portonovo e Carril. Precisamente esta liña de axudas volve estar aberta para aqueles pósitos que queiran solicitala.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí