A Deputación pon en valor ás directoras de cine

PONTEVEDRA> ‘Cinema e muller’ é a nova proposta da Deputación de Pontevedra para visibilizar desta volta ás mulleres que traballan no cine como directoras, realizadoras ou produtoras da provincia e que non son igualmente recoñecidas como os homes.

Só na provincia de Pontevedra hai máis de 70 directoras; así comeza o libreto de Cinema e muller unha proposta que conta co apoio da Deputación de Pontevedra e que ten por obxectivo visibilizar os traballos desas mulleres que por calidade e mérito propio deberían ser moito máis recoñecidos do que na actualidade son.

Con esta idea nace Cinema e Muller e nela podemos atopar un mapeo onde coñecer as 70 realizadoras, directoras ou cineastas que ten esta provincia,unhas charlas, un concerto, a estrea dunha película colaborativa entre dez deses mulleres, unha mostra de diferentes filmes en Vigo e Pontevedra.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/07/carmela_mulleres_cinema.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/07/carmela_mulleres_cinema.mp4{/flowplayer}