A estación intermodal de Pontevedra será unha realidade a finais de ano

PONTEVEDRA> Xa están en marcha as obras do novo complexo intermodal de Pontevedra. O vicepresidente da Xunta de Galicia supervisou esta mañá as instalacións acompañado da conselleira de Infraestruturas e dos concelleiros César Mosquera e Demetrio Gómez. A reforma da estación de autobuses está previsto que remate a finais deste ano.

O novo complexo intermodal de Pontevedra está máis preto de ser unha realidade porque xa están en marcha as obras de reforma da estación de autobuses. En canto o edificio, o proxecto inclúe actuacións na propia fachada, na cuberta e nos espazos interiores. Na zona exterior, mellorarase o entorno e a conexión coa estación de ferrocarril.

Tanto o vicepresidente da Xunta de Galicia como o edil de Infraestruturas quixeron poñer de manifesto a súa satisfacción con este proxecto. O cal foi froito da negociación entre a administración autonómica e o Concello de Pontevedra.

Aproveitando esta visita, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade quixo recordar as vantaxes do novo Plan de Transporte Público de Galicia. Unha iniciativa dirixida aos menores de 21 anos.

O novo complexo intermodal de Pontevedra conta cun investimento de 6 millóns de euros e a previsión é que estea operativo a finais deste mesmo ano.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí