A EDAR de Abuín completa o saneamento da parroquia de Baroña

    PORTO DO SON> Porto do Son vén de acadar a práctica totalidade do saneamento da parroquia de Baroña trala posta en marcha da EDAR de Abuín. A Conselleira de Medio Ambiente visitou a nova depuradora na que o departamento autonómico ten investido máis dun millón de euros. A nova depuradora de Abuín dá servizo a máis de cincocentos habitantes da parroquia de Baroña. A estación, que comezou a funcionar a principios de anos, supuxo un investimento superior ó millón de euros co que se completa case na súa totalidade o servizo de saneamento nesta parroquia. Tras esta importante inversión, a Xunta ten consignados preto de cincocentos mil euros para a ampliación e posta en marcha da depuradora de Xuño que dará servizo a este núcleo e ó de Caamaño. Está previsto que esta nova actuación se licite ó longo do primeiro semestre do ano co obxectivo de finalizar as obras durante 2016.