O ensino apoia masivamente o paro

    folgasectorensinobarbanza100.jpgBARBANZA> No ensino o seguimento da folga variou segundo o centro. Especial incidencia entre os alumnos que apoiaron masivamente o paro.

    {flowplayer}barbanza/folgasectorensinobarbanza.flv{/flowplayer}

    Nalgúns centros como o IES Número 1 de Ribeira, a incidencia o alumnado chegou ó noventa por cento mentres que tamén se detectou un seguimento moi destacado por parte do cadro de persoal.

    No IES Campo de San Alberto de Noia ningún alumno de ciclos e Bacharelato asistiu a clase mentres que na ESO fíxoo algo menos da metade. Entre os profesosores a incidencia situouse nun vinte e cinco por cento.

    Moito menor seguimento no Centro Integrado de Formación Profesional de Coroso onde só tres dos trinta e seis mestres secundaron a xornada de folga. Non así entre os estudantes cunha incidencia próxima ó noventa por cento.

    Primaria

    En canto ós centros de educación infantil e primaria houbo tamén unha ampla resposta por parte do alumnado.

    Similar situación no Pilar Maestú da Pobra no que tan só asistiron once de oitenta alumnos e a metade dos profesores.

    No Santa Baia de Boiro tan só secundaron a folga 18 profesores do total do cadro de persoal composto por 43 profesionais. Entre os alumnos, maior incidencia coa asistencia de 120 sobre os 550 matriculados.

    Redacción Barbanza