Detidas dúas persoas en Ribeira por tráfico de drogas

    RIBEIRA> Funcionarios da comisaría da Policía Nacional procederon á detención de dous mozos veciños da Pobra do Caramiñal de vinte e cinco e vinte e seis anos de idade como presuntos autores dun delito de tráfico de drogas. As pesquisas realizadas polos axentes durante varios meses posibilitou esta operación. No momento da súa detención viaxaban no interior dun vehículo portando unhas 150 ‘bellotas’ de haxíx cun peso aproximado de 1600 gramos. Posteriormente nos rexistros realizados nos seus domicilios incautáronselles cincocentos setenta gramos de cocaína, substancia de corte, 32 ‘bellotas’ máis de haxix cun peso aproximado de 320 gramos, tres botes de cristal con marihuana, catro pesas, un total de once teléfonos móbiles e unha prensa hidráulica, ebtre outros efectos. Os dous detidos contan con antecedentes policiais por furto, e un deles xa foi detido por tráfico de estupefacientes durante a denominada operación ‘Rufus’.