O cura salesiano acusado de abusos a menores enfróntase a 44 anos de cadea

CAMBADOS> Visto para sentenza o xuízo contra o sacerdote salesiano acusado de abusos sexuais a seis menores, algúns durante un campamento en Cambados. Finalmente, a Fiscalía rebaixou a súa petición de pena de cadea, dos 67 anos e medio aos 44, tras retirar as acusacións de abusos sobre un dos rapaces. As acusacións particulares, pola súa banda, manteñen as peticións iniciais de  54 anos xa que consideran probados os abusos a seis menores.

Tras catro xornadas, hoxe quedou visto para sentenza o xuízo contra o sacerdote salesiano acusado de abusos sexuais a menores. A Fiscalía rebaixou finalmente a petición de pena inicial, dos 67 anos de cadea aos 44, porque retirou a acusación por un dos menores. Así, o Ministerio Fiscal pide que sexa condenado como autor de nove delitos de abusos sexuais sobre cinco rapaces. Tamén decidiu retirar unha acusación por un delito continuado de abusos sexuais.

O Fiscal dá total credibilidade as declaración das vítimas e dos testemuños dos seus compañeiros que aseguraron presenciar os episodios, varios ocorridos durante un campamento en Cambados.

As acusacións particulares, pola súa banda, ven probados os abusos aos seis nenos, cun delito de abusos continuados.

Finalmente, a defensa pediu a súa libre absolución xa que considera que non  existen probas suficientes para condenarlo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí