![]()
VILAGARCÍA> Os veciños da praza Xoán XXIII de Vilagarcía non chegaron a ningún acordo coa empresa constructora do aparcadoiro. A xuntanza composta polos voceiros da corporación municipal , os presidentes das comunidades afectadas e a dirección da empresa, tiña como obxectivo arranxar os danos que sofren as vivendas dende a construcción do parking Xoán XXIII.
O primeiro en abandonar a reunión foi o voceiro de Esquerda Unida, Juan Fajardo indignado pola posición da constructora neste asunto. Segundo Fajardo a dirección da empresa non está disposta a facerse cargo dos acordos chegados fai oito meses, que estaban baseados no arranxe do aparcadoiro do edificio Aeralonga, o máis afectado. Para esquerda unida, quebrouse a confianza dos veciños, e entende que o Concello actuou en contra dos afectados.
Unha das propostas da empresa que desgustou ós presidentes das comunidades afectadas foi a de establecer o prazo de garantía nas reparacións nun ano. Para Juan Fajardo, isto é intolerable.
Despois do resultado negativo desta reunión, Esquerda Unida, traballará para un só obxectivo: paralizar a licencia de apertura do aparcadoiro Xoán XXIII ata que non se arranxen os danos de todos os edificios.
Redacción Salnés









