O Salnés promociona a Variante ‘en primeira persoa’

SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés bota man da experiencia en primeira persoa para promocionar a Variante Espiritual. En dous días arrincará en Ponte da Lima o Camiño a Santiago dun experto en Marketing que terá unha dobre función: por unha banda, repartir material promocional da Ruta nas vilas polas que pase; pola outra, rexistrar con fotos e vídeos a súa experiencia e levala ás redes sociais.

El é Felipe Estévez, experto en marketing. E dende este xoves, será o protagonista da campaña máis innovadora da Mancomunidade do Salnés para promocionar a Variante Espiritual.

O seu Camiño a Santiago partirá dende a localidade portuguesa de Ponte da Lima. Dende aí cubrirá sete etapas ata Compostela, cubrindo unha parte da ruta pola Variante Espiritual. Un percorrido que poderá seguirse a través das súas redes sociais e das da Mancomunidade.

Ademais de trasladar a súa experiencia nas redes sociais, Felipe cumprirá outro labor: repartir máis de 3.000 folletos sobre a Variante ao seu paso.

Felipe é brasileiro, polo que conta con chegar a moitos compatriotas que xa seguen o seu blog de viaxes elaborando tamén contidos en portugués.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí