O autobús Tintilán ofrece esta fin de semana 275 prazas para ir de balde ao Marisco do Grove

O SALNÉS> A Mancomunidade do Salnés volve poñer en marcha o autobús Tintilán coincidindo coa fin de semana grande da Festa do Marisco do Grove. Aínda que este autobús turístico xa funcionou neste pasado verán esta é unha experiencia piloto, porque o que se pretende é ver como reacciona o público a este servizo para un evento determinado. A idea sería empregalo no futuro noutras grandes festas da comarca. Vai ser de balde e estará dispoñible entre este sábado e o domingo con cinco frecuencias diarias.

O Tintilán, o autobús turístico do Salnés, volve acender o seu motor esta fin de semana. Será nunha experiencia piloto, coincidindo cos días grandes da Festa do Marisco. Entre este venres e o domingo, o Tintilán ofrecerá cinco frecuencias diarias cun total de 275 prazas. Para os usuarios, vai ser de balde.

O Tintilán xa rodou pola comarca do Salnés durante este pasado verán. Agora volve no marco dunha experiencia piloto, que busca analizar como responde o público a este servizo, de cara a implementalo no futuro noutros grandes eventos da comarca. Polo de agora, o público está a responder.

Ademais, o Tintilán organiza para os días 22 e 23 de outubro unha actividade de difusión para as pemes da comarca. Agárdase reunir a 100 empresas.

Neste caso, esta acción está financiada polo Ministerio de Industria e Turismo, no marco do Plan Nacional de Recuperación, Transformación e Resiliencia.