EU retruca á defensa do presidente da autoridade portuaria de Vilagarcía, Javier Gago

    dv_734_-eu_100.jpgVILAGARCÍA > Logo da réplica do presidente da autoridade portuaria de Vilagarcía, Javier Gago fai uns días, hoxe coñecemos a contrarréplica

    … de Esquerda Unida de Vilagarcía, que volveu a amosar o seu desacordo cas decisións aprobadas no último consello de administración do Porto vilargarcián, e especialmente, sobre a xestión do seu presidente. Segundo o delegado deste partido no consello de administración da autoridade portuaria, Ramón Bueno, no último consello de administración non se debateu nin afondou sobre asuntos fundamentais para o día a día deste peirao, nin se lles contestou ás cuestións básicas que prantexaron.

    Desde EU clarexaron tamén que as críticas que verten desde o seu grupo político non responden a cuestións persoais contra o actual presidente senón de caracter estrictamente política, para evitar que escondan os aspectos negativos da súa xestión con cortinas de fume.

    Máis polo miúdo, desde esquerda unida pediron ó PSOE que cambiase ó actual titular do Porto para evitar que Gago siga intentando gobernar esta cidade. Desde este mesmo partido político volveron a opoñerse ó convenio asinado con protección civil, un corpo ó que acusan de non ter as contas claras e para o que piden unha fiscalización.

    Acusan tamén o Porto de falla de planificación e a atención ós verdadeiros problemas estructurais deste entorno, como a necesidade de liberalizar a desembocadura do río do Con e a de proporcionar espazo de aparcadoiro para a cidade.

    Redacción Salnés