Comeza o Ano de Castelao en Pontevedra

PONTEVEDRA> Comezan oficialmente os actos do ano de Castelao e os 62 concellos da provincia de Pontevedra poderán afondar máis na figura do ilustre galego con exposicións, concertos e contacontos. O departamento de cultura e lingua da deputación tamén apostou pola integración e accesibilidade creando en colaboración coa organización de Xordos de Galicia o símbolo de Castelao en linguaxe de signos.

 

Esta mañá a Deputación de Pontevedra presentaba a programación especial do ano de Castelao para a provincia na que por primeira vez participarán os 62 concellos. Un completo programa de exposicións, concertos e obradoiros que complementarán as actividades locais para así chegar a toda a poboación.

Unha das apostas da institución son as novas tecnoloxías e por iso achegará a figura de Castelao aos máis pequenos por medio dunha APP.

No eido da accesibilidade as exposicións contarán con audioguías.

Os contacontos e os cantares de cego tamén están incluídos na programación.

Na comarca do Salnés, Meaño e Ribadumia recibirán a visita de Bea Campos cos seus contacontos. O Grove, Cambados e a Illa desfrutarán de sendos concertos o . En Meis e Vilanova contarán con obradoiros infantís e Sanxenxo e Vilagarcía albergarán dúas exposicións. As actividades realizaranse ao longo do verán e o outono deste ano.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/08/actos_ano_castelao.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/08/actos_ano_castelao.mp4{/flowplayer}