PONTEVEDRA> Indignados, cabreados, preocupados e nerviosos. Así describían os representantes dos traballadores o seu estado de ánimo.
Pouco despois de comezar a protesta explicaban que a súa presenza no pregón das festas era para ‘visibilizar a súa situación’ e reclamar ao alcalde pontevedrés que deixara de ‘xogar’ cos seus empregos.
Unha vez máis, sinalaron ao concello de Pontevedra e ao rexedor Miguel Anxo Fernández Lores como responsables directos da sentenza da Audiencia Nacional. Recordemos que segundo o fallo deste tribunal, a prórroga concedida á pasteira para seguir en Lourizán no 2016 polo goberno en funcións de Mariano Rajoy foi ilegal.