Únete á taponeta solidaria!!!

Pontevedra> Na ponte da Barca ou no aparcadoiro público deste centro comercial poderán ver dende hoxe unha valla solidaria. Trátase dunha iniciativa levada a cabo por Taponeta solidaria, Banta e a Fundación Amigos de Galicia que ten como fin remover as conciencias e loitar para que a sociedade e as empresas que involucren máis á hora de axudar e dar visibilidade ás persoas con discapacidade. As veces lembrar que con moi pouco podemos ser solidarios e axudar aos demais é necesario. Pois isto é xustamente o que pretende dende Taponeta solidariam Banta e a Fundación Amigos de Galicia que contan dende esta semana cunha valla publicitaria na ponte de A Barca. Unha axuda que é necesaria e se pode conseguir a través da recollida de tapóns. Pontevedra conta na actualidade con preto de 10 puntos de recollida. O importante é colaborar coa causa e axudar aos que máis o precisan. E con todo, chamada de atención tamén ás administracións públicas, para tirar deste carro elas deberían levar en moitos casos a voz cantante. E outros dos puntos máis imporantes desta e de todas as campañas as que realizan dende estas tres entidades é a necesidade das empresas e da sociedade, a necesidade de dar visibilidade ás persoas con discapacidade. Como nos dixo esta mañá Kike, se axudas ao teu veciño, él estará mellor axudará aos demais e asi sucesivamente, a felicidade non están en agasallos senon en ter con quen compartir a túa vida. Xa o saben con moi pouquiño se pode facer moito, así que se o están facendo continúen e senon márquense como un dos propósitos do vindeiro ano, reciclen todos os tapóns posibles en favor desta taponeta solidaria.