PONTEVEDRA> A actualidade deportiva de Pontevedra volve reflectirse nos xardíns da cidade. Dende hoxe, a zona verde da praza de Ourense está decorada para animar ao Club Cisne Balonmán. Mañá mesmo o conxunto podería pechar o seu ascenso a Asobal e no marco do proxecto ‘Os Xardíns que Falan’ a cidade mándalles todos os seus ánimos.
Os xardíns volven falar en Pontevedra. Desta volta, é a zona verde da praza de Ourense a escollida pola concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural para lanzar unha mensaxe: o apoio da cidade ao Club Cisne Balonmán, para que poida selar canto antes o seu ascenso a Asobal.
Os xardíns amenceron cunha portaría, arranxos florais novos e varios carteis de apoio ao equipo pontevedrés. Hai espazo tamén para lembrar os éxitos doutro conxunto da cidade: o ascenso virtual do Pontevedra Club de Fútbol.
Mañá o Cisne terá a primeira oportunidade para pechar o seu ascenso á Asobal. Será nun encontró co EÓN Balonmán Alicante, que xogarán na cidade valenciá.
A pesares de que teñen medio camiño andado, dende o conxunto pontevedrés non baixan a garda e adiantan que van xogar os tres partidos que lles quedan coma se foran o último.