A Mesa do Camiño busca que o Portugués tamén sexa Patrimonio da Humanidade

PONTEVEDRA> Conseguir que o Camiño Portugués a Santiago sexa recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Mundial da Humanidade. Este será un dos obxectivos polos que pelexará a Mesa do Camiño, da que forman parte administracións, asociacións e organismos que teñen competencias sobre a senda. O ente iniciará as xestións para que os gobernos de España e Portugal impulsen a candidatura.

 

Que o Camiño Portugués tamén sexa patrimonio da humanidade, é un dos obxectivos que se fixa a Mesa do Camiño. O ente iniciará as xestións para que os gobernos de España e Portugal impulsen a súa candidatura no seo da UNESCO.

O ano pasado, dos 237 mil peregrinos que chegaron a Galicia, case 35.500 empregaron o Camiño Portugués. Unha tendencia que se está a repetir no que levamos de ano, situando esta senda como a segunda opción máis escollida para chegar a Compostela.

Ambos dirixentes apostaron por unir forzas con Portugal para seguir potenciando esta variante.

Castro asegurou que están traballando con Portugal para mellorar a situación do Camiño dende Lisboa, para que o seu estado se asemelle ao traxecto que pasa xa por terras galegas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/09/camino_portugues.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/09/camino_portugues.mp4{/flowplayer}