PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra destinará 2,7 millóns de euros a trece concellos da provincia no marco do Plan +Provincia. Dous dos beneficiarios son Ribadumia e Sanxenxo. O primeiro, mellorará dous parques infantís. O segundo recibirá 500.000 euros para afrontar dúas humanizacións. Esta contía súmase aos máis de 100.000 euros de achega provincial para acondicionar o campo de fútbol de Noalla.
Ribadumia e Sanxenxo son dous dos concellos pontevedreses entre os que a Deputación de Pontevedra repartirá os 2,7 millóns de euros do Plan +Provincia aprobas esta mañá na xunta de goberno provincial.
Ribadumia recibirá case 170.000 euros que destinarán á reparación e mellora dos parques infantís da praza do concello e do centro de Barrantes. A achega de Sanxenxo, pola súa banda, acadará os 500.000 euros.
Ademais, o concello de Sanxenxo recibirá outra achega provincial. Desta volta, no marco do plan extraordinario de infraestruturas deportivas. Acadará os 108.000 euros, destinados a mellorar o campo de fútbol de Noalla.
No marco do Plan +Provincia, desta volta da liña tres, dirixida ao fomento do emprego, aparece outro concello do Salnés entre os máis beneficiados. Trátase de Vilagarcía, que recibirá 280 mil euros para a contratación de 35 traballadores.