Os pontevedreses fan plans para Semana Santa

PONTEVEDRA> A Semana Santa cae este ano a 24 e 25 de marzo como xoves e venres santo e a apenas 15 días destes festivos laborais nacionais os pontevedreses xa están preparando as súas vacacións.

 

Este 2016 trae unha das Semanas Santas máis adiantada ca nunca e en 15 días, o 24 de marzo, celebrarase o Xoves Santo, e o 25 de marzo, o Venres Santo. Moitos aproveitan estas vacacións para saír da cidade aínda que os destinos adoitan ser maioritariamente nacionais ou no país veciño, Portugal.

Outros con desprazamentos máis curtos quedan desfrutando das paraxes máis paradisiacas da provincia de Pontevedra.

Como é tradicional son moitos os que se achegan as cidades para ver as procesións de Semana Santa e estar coa familia.

E son moitos os que non se moverán de Pontevedra para descansar nestes catro días de lecer que a moitos se lles farán curtos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/enquisa_semana_santa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/enquisa_semana_santa.mp4{/flowplayer}