A alcaldesa, disposta a escoitar propostas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/10/cambados_fefinans.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/10/cambados_fefinans.mp4{/flowplayer}

 

CAMBADOS> A decisión de cerrar a Plaza de Fefiñáns dende o Xoves Santo o domingo seguinte, continúa a xerar controversia no seo do cuatripartito, que goberna en Cambados. O concelleiro de Tráfico, José Ramón Abal cree que a alcaldesa debe centrarse. 

O rebumbio creado nas últimas semanas con respecto ao peche circunstancial da praza de Fefiñáns parece non ter fin. A escasos quince días para o Xoves Santo no consistorio de Cambados aínda non se tomou unha decisión. A pesar de declarar trala Xunta de Goberno celebrada este mércores, que a última decisión tiña ela, este xoves mostrouse disposta a estudar a proposta do edil de Tráfico, para atopar un consenso a esta situación. 

Pola súa parte, José Ramón Abal, concelleiro de Cambados Pode, e responsable da competencia de tráfico cree que a alcaldesa cometeu un erro o anunciar o peche temporal da praza sen informalo primeiro, un erro que atribúe a falta de experiencia da alcaldesa e o

Unha situación que segundo José Ramón Abal, debería solucionarse pronto, xa que Cambados ten problemas maiores que requiren unha maior atención.