A tarxeta Noia Plus estrea imaxe renovada

    NOIA> Noia Histórica presentou a renovada imaxe da súa Tarxeta Plus. Este dispositivo de fidelización de clientes, que leva cinco anos funcionando, inclúe novos atractivos para os seus titulares así como para a vintena de establecementos comerciais que colaboran con esta iniciativa. A nova tarxeta Noia Plus púxose en marcha no ano 2011 co obxectivo de fidelizar clientela nos comercios a través da acumulación de saldo. O principal cambio introducido a partir de agora é que as bonificacións acumuladas faranse por establecemento e non de xeito común. Ademais do novo funcionamento, Noia Histórica renovou por completo a imaxe desta campaña para facela máis atractivo de cara a que novos establecementos comerciais se sumen ás vantaxes do programa Noia Plus. Nesta iniciativa, colabora dende a súa posta en marcha a entidade financeira La Caixa. Durante o acto de presentación da nova imaxe de Noia Plus, Noia Histórica aproveitou para facer entrega ós gañadores dos premios da campaña de rebaixas consistentes en dúas estancias no Augusta Spa Resort de Sanxenxo.