Cultura sufragará a rehabilitación do antigo edificio do casino de Noia

    NOIA> O Conselleiro, Román Rodríguez, desprazouse esta mañá á localidade para proceder á sinatura do convenio que permitirá a restauración deste emblemático inmoble. A restauración do antigo edificio do Casino de Noia está máis preto de ser unha realidade trala sinatura do convenio entre o Conselleiro de Cultura e o alcalde de Noia. O departamento autonómico destinará cen mil euros ó proxecto, cun orzamento total próximo ó millón de euros. O obxectivo é converter este emblemático inmoble nun Centro de Recepción de Visitantes do Xeodestino Ría de Muros Noia con usos turísticos e culturais. Trala sinatura do convenio, Román Rodríguez aproveitou a súa presenza en Noia para visitar o IES Campo de San Alberto onde a Consellería de Educación está a investir máis de setenta mil euros no cambio da cuberta do ximnasio e na eliminación de flitracións de auga na fachada. Tamén se desprazou ata o CEIP Felipe de Castro onde se está a construír un novo pavillón, cun investimento de cento cincuenta mil euros.