Cristina Andrade, nova responsable comarcal do BNG do Barbanza

    BARBANZA> Cristina Andrade é a nova responsable do BNG do Barbanza. A asemblea comarcal ratificou a candidatura encabezada pola edil pobrense por ampla maioría, con tódolos votos a favor agás dúas abstencións. O novo consello comarcal avogará pola participación activa de toda a militancia así como pola promoción da cultura e normalización da lingua galega. Cristina Andrade encabezaba unha candidatura integradora, seguida do tamén concelleiro Luís Pérez Barral e con varios nomes que xa formaban parte do anterior consello comarca. Entre os obxectivos desta nova etapa, a responsable comarcal plantexa como principais obxectivos a defensa dos intereses sociais, a normalización da lingua e promoción da cultura galegas e a consecución da igualdade de xénero. Tamén pretenden facer visible o labor da organización e posibilitar a participación activa de toda a militancia. A nova responsable comarcal substitúe no cargo a Severino Romero, a quen quixo agradecer o importante labor realizado á fronte do Consello Comarcal nos últimos anos.