Lores culpa a Xunta e Estado da situación da ría

PONTEVEDRA> A ría de Pontevedra incumpre a normativa de augas residuais. Así o sentenciou o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que asegura que non se están a tratar de maneira axeitada. Dende o concello sinalan á Xunta de Galicia, e aseguran que a responsabilidade do saneamento da ría lles corresponde.

 

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea dá a razón á Comisión. En novembro de 2014, o organismo denunciaba ao goberno español por non tratar de maneia axeitada as augas residuais na ría de Pontevedra. Onte, o tribunal ratificou que se incumpre a normativa comunitaria.

Dende o concello, non só apuntan ao Estado. Tamén sinalan á Xunta de Galicia, que dende o 2002 ten a competencia do saneamento das rías galegas. Destacan a falta de solucións ante a insuficiencia da depuradora, e aseguran que os concellos carecen de recursos suficientes.

Lores tamén apuntou que nin o a Xunta nin o Estado están a cumprir co mandado de eliminar os focos de contaminación da ría de Pontevedra. O primeiro, por desmarcarse do convenio co concello para o saneamento do río dos Gafos; o segundo por conceder unha prórroga de 60 anos en Lourizán a ENCE.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/sentenza_ria_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/11/sentenza_ria_pontevedra.mp4{/flowplayer}