O Congreso Flúor reunirá en Pontevedra a máis de 400 profesionais do marketing dixital

PONTEVEDRA> Máis de 400 profesionais do marketing dixital reuniranse en Pontevedra esta semana con motivo da celebración do Congreso Flúor. Un evento no que participarán máis de 20 poñentes de primeiro nivel nacional e internacional e no que se debaterán cuestións como o comercio online e as marcas ou a igualdade de xénero na publicidade.

14 conferencias, 3 mesas redondas e 5 obradoiros prácticos. Esa é a programación do 1º Congreso Atlántico de Marketing Dixital Flúor que chegará esta semana a Pontevedra.

O Congreso Flúor está aberto a todas as persoas interesadas en coñecer máis de cerca as ferramentas e as estratexias dixitais imprescindibles para levar a cabo un negocio online.

Os organizadores do congreso cren que era necesario traer un evento coma este a Pontevedra para poñer en valor todas as empresas e marcas online da cidade.

Pola Sede Afundación de Pontevedra pasarán este xoves e este venres ata 20 poñentes de prestixio nacional e internacional como LinkeIn, New Balance ou Iberdrola. As inscricións poden facerse na web www.congresofluor.com

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí