A UAD de Ribeira acolle unha exposición de Amnistía Internacional

    RIBEIRA> A Unidade de Asistencia a Drogodepentes de Ribeira acolle durante toda a semana a exposición itinerante de Amnistía Internacional sobre violencia de xénero. Os usuarios deste servizo colaboraron na instalación da mostra que pode visitarse durante o horario de apertura do centro. Catorce paneis informativos que retratan a situación de violencia que padecen as mulleres en varios países de todo o mundo compoñen a exposición de Amnistía Internacional que ó longo desta semana se pode visitar na sede da Unidade de Drogodependencias de Ribeira. Os propios usuarios da UAD que colaboran no taller de carpintería traballaron na montaxe da mostra distribuída ó longo de diversas salas do centro. Os interesados poden visitala ata o 18 de marzo, en horario de mañá, de nove a dúas.