A POBRA> E resulta que a decisión do comité clínico responde fundamentalmente á suba de contaxios experimentada na vila nos últimos días. A última actualización, á espera de coñecerse tamén os datos do cribado masivo que se está a realizar á veciñanza, deixa hoxe un total de 35 casos activos por covid, dous mais ca onte.
A pé de rúa: resignación. Os veciños ven este novo peche coma un paso atrás, aínda así consideran que é necesario para frear a cadea de contaxios. A partir de mañá non se poderá entrar nin saír do municipio sen unha causa xustificada. A hostalería deberá pechar e as xuntanza só estarán permitidas para persoas convivintes.
E para máis, a medida do Concello de trasladar ós postos de textil para a praza Segundo Duran debido á actual situación epidemeolóxica tampouco resultou. Apenas catro postos decidiron montar no novo emprazamento. Algo que non entenden dende o equipo de goberno.
Vendo o resultado o Concello terá que estudar a fondo de novo este traslado. Este primeiro intento non obtivo o éxito agardado.