Rueda, novo presidente do PP de Pontevedra

PONTEVEDRA> Este primeiro encontro do Comité de Dirección celebrouse un día despois de que Alfonso Rueda fora elixido presidente do Partido Popular de Pontevedra. Con máis do 97% dos votos, o aínda vicepresidente da Xunta converteuse no substituto de Rafael Louzán con tres retos: recuperar a Deputación de Pontevedra e as alcaldías da capital e de Vigo.

 

Co 97,14% dos votos, os afiliados do Partido Popular refrendaron a Alfonso Rueda como presidente da súa formación. No seu discurso, marcouse tres metas: recuperar a Deputación de Pontevedra e as alcaldías da capital e de Vigo.

Rueda estivo arroupado pola plana maior do partido. O presidente da Xunta e o presidente en funcións do goberno de España non faltaron a esta cita, un paso máis na renovación que o PP está a levar a cabo.

Esta foi a primeira visita de Mariano Rajoy dende que o pleno do concello de Pontevedra o nomeara persoa non grata na cidade. O dirixente popular agradeceu o apoio que recibiu de xente de dentro e de fóra da formación.

Outro dos protagonistas do acto foi o presidente saínte. Rafael Louzán recibiu as felicitacións de todos os compañeiros, que agradeceron o seu traballo durante 16 anos á fronte do partido.

Son 45 as persoas que acompañarán a Rueda nesta etapa. Un equipo no que a comarca arousá ten un peso importante. O vilanovés José Juan Durán e o cambadés Luis Aragunde encargaranse da área de Acción Electoral e do departamento de Mar, respectivamente. Dous nomeamentos que se unen aos de José Manuel Cores Tourís como secretario xeral da formación e Luisa Piñeiro, alcaldesa de Moraña, como secretaria de organización. Ademais, entre os 22 vocais están Tomás Fole, Marta Lucio e Marta Rodríguez.Pola súa banda, Ángel Moldes será o coordinador da comarca de Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/14/congreso_pp_pontevedra_rueda.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/14/congreso_pp_pontevedra_rueda.mp4{/flowplayer}