O concello recibe a un Teucro que xa é da Liga Asobal

Pontevedra> A corporación municipal recibíu hoxe ao Teucro na Casa das Campás. Un encontro que tivo lugar tralo ascenso a Liga Asobal deste club pontevedrés. Dende o concello dixeron que era unha honra ter un equipo de balonmán en primeira liña a nivel nacional. E dende o club aproveitaron a ocasión para pedir a máxima colaboración das administración na volta a división de horna. Mañá de celebración na Casa das Campás. O alcalde, a concelleira de Deportes e os voceiros dos partidos da oposición recibían ao Teucro tralo seu ascenso a máxima Liga a nivel nacional do balonmán, a Liga Asobal. Un ascenso importante para a cidade de Pontevedra. O presidente do club non perdeu a oportunidade de pedir colaboración ás administracións públicas e as empresas privadas para conseguir o financiamento necesario que lles permita loitar na Liga Asobal, o obxectivo é chegar na vindeira tempada aos 2 mil socios do club. E o capitán do equipo dixo que farán todo o que estea nas súa mans para que os pontevedreses desfruten dun balonmán de primeira. Lores dixo que o balonmán estará moi presente nos vindeiros anos, co campionato infantil de cadetes no Nadal do 2018 ou o Mundial Junio no 2019, citas, todas elas que terán lugar en Pontevedra. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/10/teucro_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/05maio/10/teucro.mp4{/flowplayer}