Feijóo promociona dende a rúa Oliva os bonos Activa Comercio con descontos para dinamizar o consumo

PONTEVEDRA> O presidente da Xunta promocionou esta mañá o comercio de proximidade dende as rúas de Pontevedra. Alberto Núñez Feijóo percorreu a rúa da Oliva e visitou cinco establecementos para dar a coñecer o Bono Activa Comercio, unha ferramenta pensada para animar o consumo con descontos directos aos clientes. Segundo Núñez Feijóo aínda hai 190.000 bonos dispoñibles, que se poden consumir nos máis de 6000 establecementos adhiridos.

O presidente da Xunta de Galicia e a súa comitiva revolucionaban ás 11 da mañá o centro de Pontevedra. Alberto Núñez Feijóo percorreu a rúa Oliva, corazón da cidade, para facer fincapé no apoio do goberno autonómico ao comercio de proximidade.

Para reactivar o sector, a Xunta puxo en marcha os bonos Activa Comercio, que buscan incentivar tamén o consumo. O cidadán que descargue o seu bono, poderá acceder a descontos directos nos comercios de ata 30 euros.

O programa está dotado con 10 millóns de euros, repartidos en 300.000 bonos. A día de hoxe xa se descargaron máis do 30% que se poden gastar en 60000 establecementos de todo tipo que están adhiridos ao programa.

Só na cidade de Pontevedra descargáronse xa 3.000 dos 35.000 bonos que se xestionaron na provincia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí