Constituida a comisión de seguemento do pacto ambiental de ENCE

Pontevedra> Esta mañá quedou constituída a comisión de seguemento do pacto ambiental de ENCE. Dende a xunta e a directiva desta empresa convidan á deputación e aos concellos de Pontevedra e de Poio a formar parte desta comisión. Un órgano que terá redactado as súas bases a mediados de novembro e que velará polo cumprimento dos 200 millóns de euros en inversión que realizarán dende a papelera para actuacións ambientais, industriais e sociais na provincia de Pontevedra. 

 

Constituída dende esta maña a comisión de seguemento do pacto ambiental de ENCE. Unha comisión na que de momento están sentados xunta e a fábrica e que ten como fin velar polo cumprimento dun investimento de 200 millóns de euros por parte da papelera para actuacións ambientais, industriais e sociais na provincia de Pontevedra.

Dende ENCE convidan a todos os concellos a participar neste proceso e sumarse a esta comisión, especialmente ao de Poio, Pontevedra e tamén a deputación. 

Un investimento que contará ademais con 15 millóns por parte de ENCE para a depuradora, 30 millóns para mellorar a eficiencia do complexo industrial e 5 para converter o Pazo de Lourizán nun centro de investigación forestal, para este último paso necesitan a aprobación da Deputación de Pontevedra, e ante a falta de resposta dende o Pazo Provincial Alfonso Rueda pedíu a Ence que fose buscando outro emprazamento alternativo porque sería unha magoa non poder contar con este centro na provincia. 

Os primeiros pasos deste convenio sairán a luz a mediados de novembro xa que tal e como afirmou esta mañá a conselleira en funcións de Medio Ambiente, por esas datas contarán coas bases deste acordo. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/13/pacto_ence_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/13/pacto_ence.mp4{/flowplayer}

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí