O ‘Repensa’ aposta polo traspaso

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra quere facilitar o traspaso dos locais do municipio. Con este obxectivo nace o Plan Repensa, polo que xa se interesaron máis de vinte empresas. Nesta iniciativa, o concello actuaría como intermediario entre as empresas que queiran pechar e as que estean buscando locais para mercar.

 

Paliar os efectos dos locais que se atopan en risco de peche en Pontevedra. Este é o obxectivo do Plan Repensa, que nace para facilitar o traspaso dos locais no municipio.

O concello actuaría como intermediario entre as empresas que queiran pechar e aquelas que queiran mercar eses locais, na procura dun acordo que permita o traspaso do negocio.

O Plan organízase en varios encontros, nos que se darán a coñecer os problemas que poden atoparse os negocios que arrancan. Tamén entregarase unha guía que facilite os trámites para entender os obxectivos do Repensa. 

A primeira xuntanza será este xoves ás 10 da mañá, cunha charla a posibles emprendedores para falarlles da situación de Pontevedra en canto a locais. A cita do 5 de abril ás 6 da tarde na Casa da Luz buscará potenciar a idea dos emprendedores da zona, mentres que o 7  celebrarse unha conferencia dedicada aos negocios transmitentes. Por último, o 14 haberá unha posta en común entre os transmitentes e os emprendedores, buscando que cheguen a acordos.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/ptac_repensa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/15/ptac_repensa.mp4{/flowplayer}