LOUSAME> Nova acción reivindicativa de Ecoloxistas en Acción para denunciar a contaminación derivada dos vertidos da mina de San Finx. Un grupo de activistas da organización ecoloxista presentouse esta mañá nas dependencias da Cámara Oficial Mineira de Galicia, situada na Coruña, con botellas de auga recollida das verteduras tanto da mina de Lousame como da de Touro.
Convidaron ós representantes do organismo a bebela despois de que a cámara emitise un comunicado asegurando que a concentración de metais pesados detectada é inocua para a saúde humana e o ecosistema.
Acusaban tamén ás confrarías de ría de transmitir información imprecisa sen valor científico ó facerse eco dos resultados das analíticas realizadas por Augas de Galicia que evidenciaban a presenza de cadmio, cobre e cinc en valores moi por riba dos límites legais.