BOIRO> Baixo o lema ‘O teu mellor verán’ a Xunta iniciou hoxe, primeiro de xullo, unha nova campaña dos seus campamentos de verán.
Por tal motivo, o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou o campamento de Espiñeira, en Boiro, onde lle deu a benvida a un grupo de nenos de idades comprendidas entre os oito e os doce anos que participará nesta primeira quenda.
Acompañado da directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, López destacou a gran aposta que se fai dende o Goberno Galego para ofrecer unha programación de verán de calidade para a mocidade, unha das de mellor nivel do Estado, onde, segundo el, somos todo un referente neste eido.
Un feito que resaltou tamén a directora xeral de Xuventude, quen aludiu a ampla oferta de prazas, superando este ano as 11.500.
Na visita tamén participou o alcalde, Xosé Ramón Romero.
En total serán catro as estadías programadas neste campamento de Espiñeira, cun total de 492 prazas ofertadas.