Amicos retoma o proxecto RE-MAR

BARBANZA> A asociación Amicos, xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, promoven unha nova edición do proxecto RE-MAR. A iniciativa, coa que tamén colaboran as confrarías de pescadores, ten coma principal finalidade a redución do lixo mariño.

O éxito da primeira edición foi unha das razóns que levou a Amicos,  xunto co Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, a retomar o proxecto RE-MAR, que se viu tamén condicionado pola crise sanitaria. Trátase dunha iniciativa que busca a conservación da contorna litoral e mariña.

A entidade tamén elaborou unha Guía de boas prácticas de xestión de residuos nas principais actividades do sector pesqueiro que será distribuído entre as confrarías da zona. A cambio das súas boas prácticas poderán recibir o selo participativo de garantía ‘Buque azul’.

Ademais da súa  levan limpado varias praias e colaborado con diferentes colexios da zona.

O proxecto conta tamén cunha importante vocación social e inclusiva.

Este proxecto desenvólvese coa colaboración da Fundación Biodiversidade, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, cofinanciado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.