Hoteis que rozan o cheo en Vilagarcía para Semana Santa

    VILAGARCÍA> Vilagarcía prevé un case cheo nos seus hoteis durante a Semana Santa. Con impulsos para a ocupación hoteleira como a celebración de ventos deportivos como o Arousa Fútbol 7 e a Vilagarcía Basket Cup dende a asociación de hostalería calculan chegar practicamente ao 100%.

     

    O sector hostaleiro vilagarcián afronta con optimismo a chegada da Semana Santa, xa que é nestes días cando os hoteis da vila rozan o cheo gracias ao deporte da zona. O Arousa Fútbol 7 e a Vilagarcía Basquet Cup traen a vila arousá a multitude de promesas do deporte e con eles a pais, avós e familiares que non se queren perder a actuación destes novos deportistas, o que fai repuntar a ocupación hoteleira.

    Segundo a ocupación nestes días dos hoteis da zona, en 2016 estase volvendo a pernoctar nas cifras nas que se facía nos anos previos á crise e os visitantes reservan máis noites por estancia. Os días de máis afluencia, como ven sendo habitual, os festivos santos e a fin de semana.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/16/previsions_semana_santa_villa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/16/previsions_semana_santa_villa.mp4{/flowplayer}