O Xulgado aprecia indicios de falsidade nunha factura do anterior goberno muradán

MUROS> O Xulgado de Muros arquivou a causa contra a ex alcaldesa, Caridad González, por un presunto delito de malversación de fondos públicos relacionado coa substitución das rodas dun camión do Grupo Municipal de Emerxencias. No auto emitido pola xuíz aprécianse indicios de falsidade documental na factura asinada pola anterior rexedora xa que as rodas non chegaron a ser instaladas. Sen embargo, non chegou a incorrer nun delito de sospeitar da súa legalidade. O Xulgado de Instrución de Muros remitiu a causa á Fiscalía para valorar a existencia dun presunto delito de falsidade documental.