RIBEIRA> Os nenos serán os principais protagonistas do Nadal Cultural de Ribeira. Haberá actividades para un público familiar practicamente a diario tanto no casco urbano como polas distintas parroquias.
O departamento de Cultura de Ribeira deseñou un amplo programa de actividades para este Nadal. A maioría van dirixidas a un público familiar para que os cativos poidan disfrutar destas datas festivas. Por toda a vila, están instalados puntos de recollida de soños e diferentes estampas navideñas que se verán complementados cun poboado de Nadal onde os pequenos poderán entregar as súas cartas.
O auditorio municipal acollerá cada tarde, a partir das sete, distintos espectáculos de teatro, monicreques, maxia e humor. Haberá tamén inchables e obradoiros non só en Santa uxía senón en tódalas parroquias co Nadal Pelegrín, E os días 24 e 31, ademais do expreso de Oriente, cirulando polas rúas do casco urbano, celebraranse festas infantís no pavillón do CEIP O Grupo.
O público adulto contará tamén con actividades específicas como os concertos de Nadal nas distintas parroquias e as actuacións de grupos locais e charangas no programa de rúas musicais.
A programación de Nadal chegará á súa fin coa tradicional cabalgata de Reis e o Belén Vivente que terán lugar o 5 de xaneiro.