RIBEIRA> Ribeira acollerá este domingo a única proba de triatlón galega que será clasificatoria para o campionato de España desta disciplina. Máis de trescentos deportistas participarán na carreira estándar e no circuíto para principiantes. A piques de pechar as inscricións, douscentos noventa e sete deportistas xa oficializaron a súa participación no campionato galego de triatlón. A cita é este domingo, a partir das dez da mañá, na praia de Coroso de onde partirán os dous circuítos. Esta última proba está pensada para aqueles que se inician neste deporte co fin de seguir a promover unha disciplina que cada vez conta con máis adeptos na nosa comunidade. No que se refire á distancia estándar, a proba puntuará como clasificatoria para o campionato de España. O circuíto desta terceira edición supón un reto para os deportistas xa que presenta condicións máis duras. A carreira en bicicleta presenta unha subida cun catro por cento de pendente de media que se deberá percorrer en catro voltas. Tamén as condicións meteorolóxicas con ventos do nordeste supoñen unha nova dificultade para a proba de natación. O Club Natación Ribeira agradeceu o apoio dos principais patrocinadores así como a colaboración doutras empresas e institucións que colaboran coa organización loxística. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/28/presentacion_campionato_galego_triatlon_2805151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/28/presentacion_campionato_galego_triatlon_280515.mp4{/flowplayer}
Inicio Deportes