PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra retornará este ano ós premios do deporte para recoñecer a labor desenvolvida ao longo do ano anterior dos deportistas e clubs pontevedreses. As propostas de candidatos as distintas categorías poderán ser feitas dende o día 16 de febreiro ata o seis de marzo por calquera persoa física ou xurídica avalada por federacións ou agrupacións deportivas.
Nos premio ó deporte do concello de Pontevedra resaltarase o protagonismo do deporte base como dinamizador da práctica do deporte e actividade física. Deste xeito haberá un premio ó deportista feminino e masculino de base máis destacado e o recoñecemento especial o mérito para unha agrupación deportiva ou club de base. As persoas ou entidades físicas avaladas por unha federación ou club que queiran facer a súa proposta deberán dirixirse ata o vindeiro seis de marzo o rexistro do Instituto Municipal de Deportes nas oficinas do pavillón Municipal de Deportes.
Redacción Salnés